Actualidade
A palestra está coordinada polo prof. Isaac Lourido, membro de ILLA
Carlos Lixó é doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. O seu ámbito de especialización é o período medieval e, máis concretamente, o xurdimento de castelos e fortificacións no espazo galego. Docente no ensino secundario, recentemente desenvolveu o proxecto "Falemos do Reino de Galicia", unha webserie para Youtube financiada pola Área de Cultura da Deputación da Coruña dentro do seu proxecto "Fondo Cultural do Reino de Galicia". O proxecto, que mereceu o Premio Youtubeiras 2022 á Calidade Lingüística foi amplamente recoñecido por ter contribuído á divulgación na sociedade actual dunha realidade que non sempre foi tratada na historiografía oficial co rigor desexado.
Sobre ese e outros asuntos tratará a palestra que, despois da intervención inicial de Carlos Lixó, estará aberta ás preguntas e ao debate co público asistente.