Actualidade


Os simposios Carvalho Calero organizados no ámbito de ILLA
Febreiro 2020

Membros do grupo ILLA organizaron nos anos 2000 e 2010 dúas reunións científicas dedicadas á figura e á obra do prof. Ricardo Carvalho Calero, a quen neste ano 2020 a RAG decidiu finalmente dedicar o Día das Letras Galegas.


As reunións científicas foron Ricardo Carvalho Calero. Memoria do século (2000) e Ricardo Carvalho Calero. Ciencia, literatura e nación (2010). A primeira, coorganizada coa AS-PG, foi coordinada por Teresa López e Francisco Salinas e, dez anos despois, foron Carlos Biscainho e Xosé Manuel Sánchez Rei os responsábeis de organizar o evento.

Neste ano en que se sucederán as conmemoracións dedicadas ao profesor ferrolán, pareceunos oportuno lembrar as achegas a unha aproximación integral ao seu labor promovidas polo grupo ILLA hai xa vinte e dez anos, respectivamente.

Ambos simposios, de grande interese, deron lugar a volumes de actas que están ao dispor no repositorio institucional da Universidade da Coruña:

Ricardo Carvalho Calero. Memoria do século, conta con contributos de José Luis Rodriguez, Elias J. Torres Feijó, Ramón Mariño Paz, Manuel Forcadela, Arturo Casas, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Kathleen March, Pilar Pallarés, João Guisan Seixas, Araceli Herrero Figueroa, José-Martinho Montero Santalha, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Justo Beramendi, Isaac Díaz Pardo, Miguel Anxo Fernán-Vello, Aurora Marco, Teresa López e Darío Villanueva.

Acceso aos textos: https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/10528

Ricardo Carvalho Calero. Ciencia, literatura e nación, inclúe contributos de Rosario Álvarez, Carlos Biscainho, Carmen Blanco, Xosé Ramón Freixeiro, Mª Pilar García Negro, Francisco Rodríguez, José Luis Rodriguez, José Martinho Montero Santalha, Bernardo Penabade, Henrique Rabuñal, Francisco Salinas, Goretti Sanmartín e Laura Tato.

Acceso aos textos: https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/12716