Actualidade


Proxección d'A rosa incandescente
1 de marzo de 2023, 13 h
Sala de graos da Facultade de Filoloxía (UDC)

ILLA organiza esta proxección, que irá seguida dun coloquio coa guionista do filme, Anxos García Fonte.


A rosa incandescente foi concebido como un guión cinematográfico por Anxos García Fonte, doutora en Filoloxía Galega pola UDC e profesora no ensino secundario. 

A rodaxe desta curtametraxe tivo lugar nos últimos días do mes de xullo de 2021 no Pazo de Sabadelle e o seu entorno baixo a dirección de David Vázquez. O filme conta coa dirección de fotografía de Bruno Máez, deseño de vestiario de Ana Gesto, atrezzo de Alicia Fernández e acompañamento musical de Tamara Lorenzo. Rosalía de Castro é interpretada por Alba López. 

O filme pretende achegarnos unha Rosalía de Castro cercana e directa que nos traslada algúns dos aspectos fundamentais da súa obra: a paixón pola literatura oral, o compromiso co seu país, a sensibilidade cos marxinados da sociedade, a análise económica e social do seu tempo e, por suposto, as dificultades que tivo que enfrontar por ser muller e escritora. Rosalía é a mesma rosa incandescente de intelixencia, sensibilidade e paixón polo que fai.