Actualidade


Novas publicacións de ILLA
Febreiro 2021

Achegas de Xosé Manuel Sánchez Rei –en colaboración con Mª Aldina Marques–, Carme Fernández Pérez-Sanjulián e Teresa López.


Maria Aldina Marques, profesora da Universidade do Minho e investigadora colaboradora do grupo ILLA, e Xosé Manuel Sánchez Rei, profesor da UDC e membro de ILLA, participan co capítulo "De ora e ora bem a ahora e ahora bien: especificidades dos marcadores discursivos e ensino da língua" no volume Aportaciones desde el español y el portugués a los marcadores discursivos. Treinta años después de Martín Zorraquino y Portolés, editado na Colección Lingüística da Universidade de Sevilla. 

Por outra parte, acaba de ser publicado o volume 23 de Madrygal, un número especial editado por Ana Acuña Trabazo e Ricardo Pichel, que recolle dúas colaboracións de membros de ILLA, "De mapas e viaxes: un relato para debuxar a nación" de Carme Fernández Pérez-Sanjulián e "Galiza vista por Archer Milton Huntington: A Note-Book in Northern Spain (1898)" de Teresa López. O volume inclúe tamén un artigo de Diego Rivadulla, actualmente profesor na Universidade de Deusto e colaborador de ILLA, sobre a mímese da memoria na novela galega do século XXI.