Actualidade


ILLA organiza o Encontro investigador poesia galega atual
17 de xuño de 2021
Salón de graos da Facultade de Filoloxía

O encontro, coordinado por Isaac Lourido, reunirá persoas expertas na materia que desenvolven as súas pesquisas en universidades galegas e internacionais.


As persoas interesadas en asistiren ao encontro poderán inscribirse mediante unha mensaxe a isaac.lourido@udc.gal. O evento, pensado como un espazo de diálogo, desenvolverase de acordo co seguinte programa:

11:00 h: benvida e presentación por parte de Teresa López, coordinadora do grupo ILLA, e Isaac Lourido, membro de ILLA e coordinador do evento.

11:30 h: mesa 1

  • Arturo Casas (Universidade de Santiago de Compostela)
  • Manuela Palacios (Universidade de Santiago de Compostela)

12:45 h: pausa

13:00 h: mesa 2

  • Iria Sobrino (Universidade da Coruña)
  • Ramom Pinheiro Almuinha (aCentral Folque)

14:15 h: pausa

16:30 h: mesa 3

  • Helena González (Universitat de Barcelona)
  • María Xesús Nogueira (Universidade de Santiago de Compostela)
  • Martín Veiga (University College Cork)

18:00 h: encerramento

O encontro terá lugar de acordo cos protocolos vixentes por causa da situación sanitaria.