Actualidade


'Pondal e o himno', palestra de Manuel Ferreiro
29 de marzo de 2023, 13 h
Sala de graos da Facultade de Filoloxía (UDC)

O prof. Manuel Ferreiro, membro de ILLA e experto pondaliano, explicará a historia textual do himno galego.


Manuel Ferreiro, editor da obra completa de Eduardo Pondal, explicará a xestación e a historia textual d''Os pinos', o poema que está na base da letra do himno galego.

Nesta palestra explicará os erros de transmisión no texto do poema e a pervivencia no texto oficial do himno de castelanismos ou hiperenxebrismos que o autor da Ponteceso recoñecera en vida. 

A intervención do prof. Ferreiro deterase en expor polo miúdo as razóns filolóxicas que sustentan a iniciativa lexislativa popular presentada no rexistro do Parlamento no mes de decembro para que a letra do himno sexa restituída de conformidade co texto pondaliano.