Actualidade


I Xornadas de actualización en lingua galega e literatura no ensino
13 e 14 de abril de 2023
Sala de Xuntas da Facultade de Filoloxía (UDC)

As xornadas, organizadas por ILLA, están coordinadas pola profª Cilha Lourenço Módia e polo prof. Xoán López Viñas.


As xornadas desenvolveranse en sesión de tarde segundo este programa:

13 de abril

16:00 h Carlos Callón_A docencia das humanidades no ensino secundario. Dificultades e potencialidades desde o caso galego

17:45 h Xoán López Viñas_Ensinar gramática 2.0

19:00 h Yolanda Castaño_Máis alá da figuración. Ollar o poema dende as aulas

14 de abril

16:00 h Xosé Ramón Freixeiro Mato_A lingua de calidade nas aulas de ensino secundario

17:45 h Antia Cortiças_As aulas de galego como primeiro espaço de internacionalização e potencialização da língua

As persoas que desexen asistiren deberán realizar a inscrición a través do correo clourenzo@udc.gal, indicando nome, apelidos e número do documento de identidade, antes do día 12 de abril.

As persoas asistentes recibirán un certificado de participación emitido pola Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente da UDC.