Actualidade


Workshop 'Investigación no teatro galego (1936-1973): propostas e resultados'
18 de maio de 2023
Sala Carvalho Calero, Facultade de Filoloxía (UDC)

A actividade está organizada polo proxecto 'Recuperación do patrimonio teatral de Galiza 4 (1936-1973). Emigración, exilio e resistencia interior' (PID2020-115649RB-I00), coordinado por Teresa López e Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes.


O Workshop desenvolverase en sesións de mañá e tarde, segundo o seguinte programa:

11:00 h_Presentación

11:15 h_A base de datos do teatro galego (1936-1973): deseño e implementación

Carlos-Caetano Biscainho Fernandes, UDC

12:00 h_A emigración como tema dramático en dúas obras inéditas da década de 60

Teresa López, UDC

12:45 h_Sobre o pensamento teatral de Luís Seoane

Micaela Rei Castro, IES Mugardos

13:15 h_O teatro inaudito e inédito de Borobó

Ana Acuña, UVigo

13:45 h_Ramón González Alegre: un teatro e dúas linguas

Olivia Rodríguez, UDC

16:15 h_Parias subalternas. Mulleres nas marxes da construción nacional no teatro de Xohana Torres

Ana Garrido, U Varsovia

17:00 h_Unha memoria oculta(da)? Notas arredor d´O dragón de Tomás Barros

Diego Rivadulla Costa, UDC

17:30 h_Fondos documentais da emigración galega en Bos Aires

Ruy Farías, U General Sanmartín/ Conicet

18:00 h Conclusións

A actividade está aberta ao persoal investigador e en formación interesado na materia, previa solicitude dirixida a t.lopez@udc.gal.