Actualidade


Presentación de 'Correspondencia entre Manuel María e Xosé Neira Vilas'
5 de maio de 2021
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

Manuel Ferreiro e Xosé Ramón Freixeiro Mato, membros de ILLA e responsábeis da edición, presentaron onte o novo libro.


O mércores 5 de maio, ás 19.30 h, tivo lugar a presentación de Correspondencia entre Manuel María e Xosé Neira Vilas (1957-1997), de Manuel Ferreiro e Xosé Ramón Ferreiro Mato, no local da coruñesa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

Manuel María (1929-2004) e Xosé Neira Vilas (1928-2015) son dous autores centrais na literatura galega da segunda metade do século XX. Ambos pertencen, por idade, á mesma xeración, mais en canto o primeiro desenvolve a súa actividade literaria desde o interior da nación en tempos de ditadura e nas primeiras décadas do período posfranquista, o segundo faino fundamentalmente desde a Galiza emigrante, seguindo o pulso cultural do seu país a quilómetros de distancia. Aínda así, mantiveron unha intensa relación por correspondencia, nomeadamente na década de 60 e nos primeiros anos da seguinte, que se foi transformando nunha amizade epistolar sustentada no compromiso mutuo coa lingua e a cultura galegas e coas clases populares.