Actualidade


Xornada de investigación "Destruír raias, construír pontes: estudos queer na Galiza e Portugal"
6 de xuño de 2025, 10.00h
Sala de Xuntas da Facultade de Filoloxía e Tradución (Universidade de Vigo)

A xornada está organizada polo grupo ILLA,  polo grupo BiFeGa e a Cátedra José Saramago da Universidade de Vigo.


Esta xornada de investigación xira arredor da exploración e reflexión sobre os estudos queer nos contextos socioculturais de Galicia e Portugal, cun enfoque particular na intersección entre identidade, lingua, literatura, xénero e fronteiras; así, a través desta actividade, proponse un espazo académico para visibilizar, cuestionar e articular discursos queer desde unha perspectiva transfronteiriza e interdisciplinaria.

 

PROGRAMA

 

10.00-10.30 PRESENTACIÓN

 

  • Burghard Baltrusch (Coordinador do Grupo BiFeGa, director da CJS e coordinador do Programa de Doutoramento en Estudos Literarios)
  • Teresa López (Vicerreitora de Profesorado da UDC e coordinadora do Grupo ILLA)
  • Ánxela Lema París (UDC, Grupo ILLA)
  • Mafalda Pereira (UVigo, grupo BiFeGa / UPorto, ILCML).

 

10.30-11.30 SESIÓN 1: ENTRE O QUEER E O POSTHUMANO: POÉTICAS DO DESVÍO

 

  • Marinela Freitas (ILCML-UPorto): O que há de queer no queer de Ana Luísa Amaral?
  • María Alonso (D&I-USC): Intersección entre o posthumanismo e a representación de identidades non heteronormativas na literatura galega actual

Modera: Ánxela Lema París

 

11.30-11.45 CAFÉ

 

11.45-12.45 SESIÓN 2: ARQUIVOS ESQUECIDOS: OUTRAS FORMAS DE LEMBRAR

 

  • Joana Matias (IHC-FCSH / UNL): Arquivo reparativo: História da imprensa gay e lésbica em Portugal (1974-2000)
  • Daniela Ferrández (Hitraga-USC): Cal se se tratase dun home: trans-historicidades na Galiza do primeiro terzo do S. XX

Modera: Mafalda Pereira

 

12.45-13.00 CAFÉ

 

13.00-14.00 SESIÓN 3: POESÍA E PERFORMANCE: VADÍOS, MONSTROS E OUTROS EXCESOS

 

  • Diogo Marques e Inês Cardoso (ILCML-UPorto): Vadios na Casa Vale Ferreira: uma releitura dos poetas de Sodoma
  • Branca Trigo (BiFeGa-UVigo): O oculto e o grotesco: corporalidades monstruosas na poesía galega recente

Modera: Mafalda Pereira

 

14.00-15.30 XANTAR

 

15.30-16.30 SESIÓN 4: HABITAR A FRONTEIRA: VOCES DISIDENTES NA LITERATURA COLONIAL E CONTEMPORÁNEA

 

  • Helder Thiago Maia (CEComp-ULisboa): Dissidências de gênero e sexualidade na literatura colonial portuguesa
  • Alba Casas (UVigo): Monstruosidades delineadas. Habitando na fronteira

Modera: Ánxela Lema París

 

16.30 CLAUSURA DO ENCONTRO

 

A xornada será tamén retransmitida de xeito online a través da sala BiFeGa do Campus Remoto da Universidade de Vigo: [ligazón] (contrasinal estudantado: UAdqrn7W).