Actualidade


O profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato gaña o XVI Premio Rosalía de Castro da Lingua

O profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato, membro de ILLA, gaña o "Premio ‘Rosalía de Castro’ para a promoción da lingua galega”


Xosé Ramón Freixeiro Mato, Catedrático Emérito da Área de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña e integrante do grupo ILLA, acaba de gañar o “Premio ‘Rosalía de Castro’ para a promoción da lingua galega” na categoría A, destinada a distinguir aquelas persoas destacadas na proxección da lingua galega de calidade e no compromiso co seu uso e coa súa recuperación.

 

O certame, convocado pola Deputación da Coruña, chega neste ano á súa decimosexta edición.