Actualidade
"Por que non hei de cantar? Escolma do cancioneiro tradicional galego de Elviña e Ferrol"
A obra foi editada polos profesores e membros de ILLA Xosé Manuel Sánchez Rei e Leticia Eirín
O Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña publica a obra Por que non hei de cantar? Escolma do cancioneiro tradicional galego de Elviña e Ferrol editada polos profesores Xosé Manuel Sánchez Rei e Leticia Eirín.
Esta obra, elaborada a propósito do Día das Letras Galegas 2025, que este ano se dedicou á poesía popular oral, presenta unha escolma dos cantares onde, máis dun século despois, se asentarían os campus universitarios da Coruña e de Ferrol.