Actualidade
O xornalista Manuel Xestoso entrevista a Manuel Ferreiro, catedrático na Universidade da Coruña e membro de ILLA, sobre o proxecto Universo Cantigas.
O profesor Manuel Ferreiro, director do proxecto de investigación "Universo Cantigas", foi entrevistado por Sermos Galiza con motivo da recente publicación do volume Universo Cantigas I. Cantigas de Amor, unha obra pioneira, a primeira destas características realizada integramente na Galiza.
Ao longo da entrevista, o membro do grupo ILLA salienta a relevancia deste ambicioso proxecto, iniciado xa no ano 2010, como ferramenta para reivindicar e nacionalizar o patrimonio literario galego. Nas súas propias palabras: "O conxunto das cantigas é o noso primeiro monumento literario nacional, a primeira grande obra literaria que posuímos. Como tal debemos considerala. Xa é hora de que na Galiza se lea, se interprete e se nacionalice ese patrimonio."
[Ligazón]