Actualidade
A profesora Leticia Eirín na II Xeira CLARIAH-GAL
9 de maio de 2025
Facultade de Filoloxía (Universidade de Santiago de Compostela)
A membro de ILLA presentou a comunicación "O ciclo de Universo Cantigas: filoloxía e Humanidades Dixitais"
O pasado venres, 9 de maio, tivo lugar na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela a II Xeira CLARIAH-GAL, unha xornada dedicada ao ámbito das Humanidades Dixitais organizada polo Instituto da Lingua Galega (ILG).
A profesora Leticia Eirín, membro do grupo ILLA, presentou a comunicación "O ciclo de Universo Cantigas: filoloxía e Humanidades Dixitais", na que expuxo a concepción, as bases metodolóxicas e o estado actual do proxecto "Universo Cantigas". Ademais, puxo en valor a achega desta iniciativa ao desenvolvemento e consolidación das Humanidades Dixitais.