Actualidade


Especial sobre Xela Arias na Biblioteca Virtual Galega
Maio 2021

Baixo a coordinación de Carme Fernández Pérez-Sanjulián, membro de ILLA, o repositorio disponibiliza esta páxina elaborada con motivo do Día das Letras Galegas 2021. 


A páxina, á cal tamén se pode acceder a través da BVG, disponibiliza información sobre a vida e a obra da poeta e tradutora, xunto cunha completa relación dos traballos dedicados á análise da súa obra e das iniciativas que se desenvolveron como homenaxe a Xela Arias até o presente ano.

Esta información é completada cunha ampla escolma de textos, que facilitan unha primeira aproximación á obra de Arias, e cunha completa listaxe de páxinas web de referencia para afondar no coñecemento sobre a autora. Finalmente, é posíbel acceder a numerosos contidos audiovisuais, nas seccións "Mediateca" e "Fototeca".

Un ano mais, ILLA parabeniza a iniciativa da Biblioteca Virtual Galega polo seu labor de difusión do coñecemento sobre a obra da persoa dedicataria do Día das Letras Galegas.