Actualidade


Celebración do I Congreso Internacional do Teatro Galego
7-10 de outubro de 2020
Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)

Hoxe, día 7 de outubro, deron comezo as sesións deste primeiro congreso internacional que leva como subtítulo 'Co 2030 no horizonte'.


O Congreso, impulsado pola Academia Galega do Teatro, nace coa finalidade de revisar profundamente todo aquilo que afecta ao teatro, á sociedade e ás políticas teatrais.

O grupo ILLA e a Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor figuran como entidades colaboradoras na realización deste evento, que conta coa participación de Carlos Biscainho na Comisión organizadora e de Laura Tato na Comisión científica. 

Na sesión do día 7, o grupo ILLA promove un painel coa participación de Carme Fernández Pérez-Sanjulián, Diego Rivadulla e Xosé Manuel Sánchez Rei, xunto con Xosé Ramón Frexeiro Mato, en que serán abordadas dunha perspectiva académica diversas facetas do teatro galego dos séculos XX e XXI. Asemade, na tarde do día 8, Laura Tato presentará a nova etapa das publicacións da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor.

Máis información sobre o congreso: https://congresodoteatro.gal/index.html