Actualidade


Especial sobre Ricardo Carvalho Calero na Biblioteca Virtual Galega
Maio 2020

Coa coordinación de Carme Fernández Pérez-Sanjulián, membro de ILLA, e a colaboración de Uxía García Conde, estudante do grao en Galego e Portugués da Universidade da Coruña, vén de abrirse ao público esta páxina elaborada con motivo do Día das Letras Galegas 2020. 


A páxina, á que tamén se pode acceder a través da BVG, disponibiliza información sobre a vida e a obra do autor ferrolán, así como unha completa relación, tanto dos traballos dedicados á análise da súa obra, como das iniciativas que, ao longo dos anos, e desde múltiplos ámbitos da sociedade, se desenvolveron como homenaxe a Ricardo Carvalho Calero.

Esta información complétase cunha ampla escolma de textos que permiten unha primeira achega á súa produción literaria, desde a obra ensaística á de creación. Finalmente, pódese acceder a unha extensa galería de fotos, a unha selección de vídeos pendurados na rede en que fala el mesmo ou a algunhas mostras das versións musicadas dos seus poemas.

Parabéns á Biblioteca Virtual Galega por esta iniciativa que, con certeza, contribuirá para manter a memoria e difundir a obra de Ricardo Carvalho Calero. https://carvalhocalero.lbd.org.es/

http://bvg.udc.es/