Actualidade


Presentación do libro e da exposición 'Ricardo Carvalho Calero, orador. Discursos e leccións'
Outubro 2020
Parlamento de Galiza (Santiago de Compostela)

Pilar García Negro, ex-parlamentaria, profesora honoraria da UDC e membro de ILLA participou neste acto de recoñecemento ao dedicatario das Letras Galegas 2020.


A profesora lucense fixo a intervención inaugural nunha sesión en que tamén participaron Víctor F. Freixanes, presidente da RAG, a prof.ª M.ª Victoria Carballo-Calero Ramos, filla do homenaxeado, Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística e Miguel A. Santalices, presidente do Parlamento.

Entre o público, limitado por causa da pandemia, figuraban os reitores da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago, autoridades parlamentarias e representantes de diversas entidades culturais e académicas.