Actualidade


Coloquio 'Corpos, afectos e sexualidades non normativas na escena galega'
10 de maio de 2022
Sala de graos da Facultade de Filoloxía

O coloquio está organizado polo Observatorio do Teatro Galego (OTG), promovido polo grupo ILLA en colaboración coa Academia Galega de Teatro.


Este encontro, coordinado polo prof. Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes, supón a inauguración das actividades do Observatorio do Teatro Galego.

A xornada, que terá lugar o día 10 a partir das 11:30 h, desenvolverase segundo o seguinte programa: 

Bañera: 'O teatro galego desde a ollada queer'

Gena Baamonde: 'Sexualidades des-xeneradas na práctica escénica galega contemporánea'

Davide González: 'Masculinidades non normativas na última produción espectacular galega'

Andrea Quintana: 'Corpos abxectos e performatividade antinormativa'

O Observatorio do Teatro Galego foi creado no ámbito do protocolo de colaboración entre a UDC e a Academia Galega de Teatro, impulsado polo grupo ILLA, como un espazo académico para a documentación e a investigación da actividade teatral galega, con vistas a servir de repositorio das súas testemuñas documentais.