Actualidade


Colaboracións de ILLA na homenaxe a Amparo Tavares Maleval
13 de xaneiro de 2022

Os catedráticos e membros de ILLA Carlos Paulo Martínez Pereiro, Manuel Ferreiro e Laura Tato Fontaíña participan da homenaxe.


A Signum (Revista da ABREM), publica un dossiê en homenaxe á saudosa profesora brasileira Mª do Amparo Tavares Maleval, falecida hai agora un ano.

Amparo Tavares foi professora e pesquisadora cunha intensa produción, consolidada nacional e internacionalmente, e tamén peza importante na historia da Associação Brasileira de Estudos Medievais, que presidiu entre 2005 e 2009.

Os membros de ILLA Carlos Paulo Martínez Pereiro, Manuel Ferreiro e Laura Tato Fontaíña participan, con senllos artigos, neste volume.