Actualidade
Curso 'Lingua galega e retos na era dixital: redes sociais e IA' na UIMP
24 e 25 de outubro de 2024
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º)
O profesor Xosé Manuel Sánchez Rei, membro do Grupo ILLA, dirixe o curso da Universidade Internacional Menendez Pelayo Lingua galega e retos na era dixital: redes sociais e IA.
Dada a innegábel relevancia da tecnoloxía na época actual, o curso, organizado en catro sesións, pretende servir como foro de debate arredor dos retos da lingua galega na era dixital, con especial atención á IA e á produción de contidos audiovisuais nas redes sociais.
PROGRAMACIÓN
Xoves 24 de outubro, quinta feira
- 18.00-18.10: Inauguración
- 18.10-19.30: "Era dixital: revolución tecnolóxica e cambios educativos e sociais" _ Nieves Rodríguez Brisaboa
- 19.30-21.00: "Videoxogos en galego: existen?" _ Iago Gordillo
Venres 25 de outubro, sexta feira
- 18.00-19.30: "O proxecto Nós: intelixencia artificial ao servizo da lingua galega" _ Rubén Cela
- 19.30-20.50: "Divulgar a ciencia en galego: as redes sociais como canle para a normalización da lingua" _ Fátima Barros
- 20.50-21.00: Clausura
A entrada é libre e gratuíta con inscrición previa, enviando o NOME e o NIF a galicia@uimp.es ou info@acalexandreboveda.gal