Actualidade


Incorporación de Diego Rivadulla como contratado posdoutoral
16 de novembro de 2021

O membro de ILLA pasa a formar parte do persoal investigador contratado.


Diego Rivadulla Costa vén de incorporarse como contratado posdoutoral tras gañar a convocatoria de axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral da Xunta de Galicia. Na súa traxectoria investigadora destacan os estudos literarios e culturais, con especial atención á literatura galega contemporánea e as relacións entre literatura e memoria.

Desde ILLA queremos enviar os nosos máis cordiais parabéns ao novo contratado e desexarlle os maiores éxitos no futuro.