Actualidade


Presentación este sábado de 'Correspondencia entre Manuel María e Xosé Neira Vilas'
20 novembro 2021
Casa-Museo Manuel María

Manuel Ferreiro e Xosé Ramón Freixeiro Mato, membros de ILLA e responsábeis da edición, presentarán o libro o próximo sábado ás 18h.


Os catedráticos da UDC e membros de ILLA Xosé Ramón Freixeiro e Manuel Ferreiro presentarán este sábado, día 20, ás 18h, o seu libro Correspondencia entre Manuel María e Xosé Neira Vilas (1957-1997) na Casa-Museo Manuel María.

A edición afonda na relación epistolar entre dous autores fundamentais da literatura galega, que dá conta dos diferentes contextos en que desenvolveron a súa actividade literaria (desde o interior do país e desde a Galiza emigrante) e dunha amizade sustentada no compromiso coa cultura galega e as clases populares.

As persoas interesadas en asistir a esta actividade poden anotarse escribindo a contacto@casamuseomanuelmaria.gal.