Actualidade


Entrevista ao prof. Freixeiro Mato
30 xaneiro 2021

A xornalista Montse Dopico entrevista Xosé Ramón Freixeiro Mato, catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa e membro de ILLA, para Nós Diario.


A conversa desenvólvese arredor de Idioma e sociedade. Sobre normalización e planificación, o último libro do prof. Freixeiro, publicado por Laiovento.

O profesor revisa neste volume os debates sobre esta cuestión e reflexiona sobre sobre as vías que garantan á lingua galega un futuro digno. 

Na entrevista manifesta a súa opinión favorábel á posibilidade do binormativismo e dun maior aproveitamento da proximidade co portugués. Con contundencia, o prof. Freixeiro afirma que "o bilingüismo é un paso intermedio que conduce á desaparición da lingua minorizada".

Acceso á entrevista completa.