Actualidade


Leticia Eirín participa na iniciativa "Atrévete a pescudar con elas"

A profesora e investigadora membro de ILLA relata a súa experiencia científica dentro das actividades organizadas pola UDC con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.


A Universidade da Coruña sumouse máis un ano á conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, celebrado o 11 de febreiro. A Unidade de Divulgación Científica da universidade, baixo o título "Atrévete a pescudar con elas!", preparou dúas pezas audiovisuais para seren mostradas en centros de ensino primario e secundario, en que as científicas da UDC explican de forma breve e simple o seu labor como investigadoras. Nun deses vídeos, a profesora Eirín describe a súa actividade no campo da literatura medieval galego-portuguesa, anima o estudantado a lle facer preguntas e lanza un pequeno reto que relaciona a literatura medieval coa música actual.

O vídeo completo pode ser visualizado aquí. Para obter máis información sobre o resto de actividades organizadas pola UDC co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, visite este enlace.