Actualidade


'Panorama del teatro gallego (1882-2020)'
22 de xuño de 2022
Centro Betanzos (Bos Aires)

Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes ofrecerá unha palestra sobre o teatro galego moderno. 


O profesor Biscainho-Fernandes, membro de ILLA, realizará un percurso por case un século e medio da historia do teatro galego moderno en lingua galega, presentando as principais correntes estéticas, e os seus autores, autoras e obras de referencia.  

O evento está organizado pola Cátedra Galicia-América, o Centro Betanzos de Buenos Aires, a Asociación Civil Echando Raíces e Radio Enxebre no Centro Betanzos da cidade de Bos Aires.

Terá lugar o día 22 de xuño ás 18:30 horas.