Actualidade


Coloquio Internacional "Editar Cantigas (de escarnio e mal dizer) no século XXI"
2-3 de outubro de 2025
Salón de Graos da Facultade de Filoloxía

O coloquio, organizado polos membros de ILLA Leticia Eirín (UDC) e Manuel Ferreiro (UDC) e vinculado co proxecto Universo Cantigas, contará con relatores/as de recoñecido prestixio a nivel internacional.


O xoves 2 e venres 3 de outubro terá lugar o Coloquio Internacional Editar Cantigas (de escarnio e mal dizer) no século XXI vinculado co proxecto Universo Cantigas, en que investigadores deste ámbito de estudo dialogarán arredor dos retos e experiencias que supón a edición destas cantigas medievais no século XXI.

As persoas interesadas que non poidan acudir presencialmente poderán seguir o encontro a través de Microsoft Teams.

O programa definitivo completo pode consultarse a seguir:

 

Sesións do 2 de outubro

Sesión de mañá

  • 09:30h: Recepción
  • 10:00 h: Inauguración coas intervencións de Teresa López, coordinadora do Grupo ILLA e Félix Córdoba, Decano da Facultade de Filoloxía.
  • 10:30 h: Manuel Ferreiro (Universidade da Coruña): “Ler, interpretar, editar (nas cantigas de escarnio)”
  • 11:05 h: Xosé Manuel Sánchez Rei (Universidade da Coruña): “Unha ollada sintáctica aos íncipits das cantigas"
  • Pausa café
  • 12:20 h: Rachele Fassanelli (Università di Padova): “Escarnio e varia lectio: algunhas reflexións”
  • 12:55 h: Bieito Arias Freixedo (Universidade de Vigo): “Edición de cantigas de escarnio: Análise e comentario dalgúns textos complexos”

Sesión de tarde

  • 16:00 h: Graça Videira Lopes (Universidade Nova de Lisboa): “Política do escárnio”
  • 16:35 h: Leticia Eirín (Universidade da Coruña): “O escarnho dentro do escarnio”
  • Pausa café
  • 17:40 h: Yara Frateschi Vieira (UNICAMP): “Música e tecidos em diálogo intercultural: o 'son de negrada' e o 'brial de Sevilha' na cantiga de Lopo Lias”
  • 18:15 h: Mesa de presentación de publicacións

 

Sesión do 3 de outubro

  • 10:30 h: Gema Vallín (Universidade da Coruña): “O discurso poético de 'cantiga' de Garcia Mendez de Eixo. Unha nova lectura”
  • 11:05 h: Fabio Barberini (Universitat de Girona): “Viejas y nuevas andanzas de Doña Elvira y Don Rui Gomes en el Cancioneiro Colocci-Brancuti”
  • Pausa café
  • 12:20 h: Miguel García-Fernández (Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, CSIC-Xunta de Galicia): “Das representacións femininas á axencia das mulleres medievais: unha relectura das cantigas de escarnio e mal dizer”

13:00 h: Clausura a cargo de Manuel Ferreiro, coordinador de Universo Cantigas