Actualidade


Nova edición de 'Elas no prelo'
5 de xuño de 2024
Sala Xiga/Tera, CITIC (UDC)

A actividade está organizada polo proxecto A edición literaria na Galiza (1975-2000), financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e pola Agencia Estatal de Investigación, e conta co apoio de ILLA.


O proxecto de investigación “A edición literaria na Galiza (1975-2000)” (PID2020-119605RB-100), organiza o encontro Elas no Prelo III. Mulleres no mundo da edición na Galiza, coordinado por Carme Fernández Pérez-Sanjulián.

A xornada desenvolverase en sesións de mañá e tarde, nas salas Xiga/Tera do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña, segundo o seguinte programa:

10._ Presentación

10,15-11,15 h._ Elas editan: construírmos un catálogo de mulleres no campo editorial (1975-2000)

Elas editan: materiais e recursos - Laura Sousa e Carme F. P-Sanjulián (UDC)

Cifras que falan: mulleres no mundo da edición - Carme Fernández P-Sanjulián

Historias e voces femininas da industria editorial - Ánxela Lema (UDC/UB)

11,30- 13,30 h._ Editar libros: tres experiencias en primeira persoa

Fabiola Sotelo – Editorial Sotelo Blanco / AGE

Beatriz Varandas – Ir Indo Edicións

Mercedes Queixas – Edicións Laiovento

Modera: Iria Sobrino Freire (Universidade da Coruña)

15- 17 h._ Sesión de traballo co equipo de investigación

A actividade está aberta ao persoal investigador e en formación interesado na materia, previa solicitude dirixida a carme@udc.gal.