Actualidade


Simposio Internacional Teatro e ditadura no século XX: contextos ibéricos
30 e 31 de maio de 2024
Sala de graos da Facultade de Filoloxía

O simposio está organizado polo proxecto de investigación Recuperación do patrimonio teatral de Galiza 4, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e pola Agencia Estatal de Investigación, e conta co apoio de ILLA.


O proxecto de investigación Recuperación do patrimonio teatral da Galiza 4 (1936-1973) (PID2020-115649RB-I00) organiza o Simposio Internacional 'Teatro e ditadura no século XX: contextos ibéricos', sob a coordinación de Carlos Biscainho, Diego Rivadulla e Teresa López.
 
Celebrarase os próximos días 30 e 31 de maio na Sala de Graos da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña e poderá seguirse a través de Teams na ligazón https://lc.cx/OqSAEw.
 
As sesións desenvolveranse segundo o seguinte programa:
 
30 de maio
11_Benvida
11:15_Enric Gallén (UPF)_Censura y teatro extranjero en la escena profesional de Barcelona
Pausa
12:30_ Carlos Biscainho (UDC)_Base de datos do teatro galego (1936-1973)
Francisco Oti (AGT)_Teatro Estudio de Ferrol (1957-1967). Un Centro Dramático local residente no Instituto de Bacharelato Concepción Arenal
13:30_ Diego Santos (UCM)_Campo teatral, territorio y censura bajo el franquismo
Pausa
16:30_Idoia Gereñu (Investigadora independente)_Supervivencia, dolor y añoranza en las obras teatrales euskaldunes del exilio franquista
Pausa
17:45_Micaela Rei (Investigadora independente)_A singularidade de Esquema de farsa de Luís Seoane
Diego Rivadulla (UDC)_A literatura dramática galega nos anos 50: unha revisión por medio do historial dos concursos do Centro Galego de Bos Aires
Ruy Farías (CONICET / UNSM)_Unha ollada ó estado dos fondos documentais da comunidade galega de Bos Aires

 

31 de maio

10:30_Sebastiana Fadda (CET, UL)_Cultivo da cegueira e teatro silenciado no Estado Novo

Pausa

11:45_Teresa López (UDC)_Perspectivas sobre a emigración no teatro galego representado en Bos Aires na década de 40

Laura Tato (UDC)_O teatro de Ramón Otero Pedrayo na década de 1940

Ana Acuña (UVigo)_Teatro anglófilo durante a ditadura franquista: Elección parcial, farsa estratéxica de Borobó

13.30_Ramon X. Roselló (UV)_El teatro valenciano durante el franquismo: de la crisis del teatro tradicional al teatro independiente

Clausura

 
As persoas interesadas en obter un certificado de asistencia deberán inscribirse antes do día 30 de maio utilizando este formulario. O simposio será recoñecido como actividade formativa no programa de doutoramento en Estudos Literarios.