Actualidade


Palestra de Diego Rivadulla na Universidade Nova de Lisboa
5 de maio de 2022
Aula C004 da Torre C da FCSH

O investigador posdoutoral ofrecerá unha comunicación sobre a elaboración do pasado a través da literatura. 


Diego Rivadulla, investigador posdoutoral do grupo ILLA, impartirá a palestra "A elaboración do pasado na literatura galega contemporánea" na Facultade de ciencias sociais e humanas da Universidade Nova de Lisboa. 

O encontro terá lugar o próximo xoves día 5 ás 14:00 h.