Actualidade


Celebrado o II Encontro da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor
28 de maio 2021

A sesión online focou as investigacións en teatro portugués.


Na pasada sexta-feira 28 de maio celebrouse con grande suceso o II Encontro de Investigación da Biblioteca-Arquivo Teatral "Francisco Pillado Mayor". Nesta ocasión a reunión focou a pesquisa no teatro en lingua portuguesa e serviu para presentar as liñas de investigación dos principais centros envolvidos no estudo da dramaturxia e da encenación de alén Miño.

O Encontro permitiu igualmente abrir liñas de colaboración co Grupo ILLA e a Biblioteca-Arquivo Teatral, quer no ámbito investigador, quer no de difusión de resultados, de modo a consolidar o relacionamento entre a investigación teatral galega e a lusa.