Actualidade


Presentación do volume "Universo Cantigas. I. Cantigas de Amor"
24 de abril, 19.30h
Cubo de NORMAL (Paseo de Ronda, 47, A Coruña)

O proxecto Universo Cantigas, ligado ao grupo ILLA, vén de publicar neste mes o volume Universo Cantigas . I. Cantigas de Amor en que se recollen as 704 cantigas de amor galego-portuguesas transmitidas polos cancioneiros medievais


Este vindeiro xoves 24 de abril, ás 19.30h, no Cubo de NORMAL (Paseo de Ronda, 47) terá lugar a presentación de Universo Cantigas. I. Cantigas de Amor, volume que está coordinado por Manuel Ferreiro, membro de ILLA, e que conta coa colaboración de Leticia Eirín, tamén membro do grupo, xunto con Mariña Arbor Aldea e Bieito Arias Freixedo.