Actualidade


Alberto Pombo gaña o XL Premio Losada Diéguez
Abril 2025

Alberto Pombo, investigador e colaborador do grupo ILLA, gaña o XL Premio Losada Diéguez na modalidade de Investigación e Ensaio.


O investigador e colaborador do grupo ILLA, Alberto Pombo, resultou gañador da 40ª edición do Premio Losada Diéguez na modalidade de Investigación e Ensaio pola súa obra Verso e Acorde. Relacións entre literatura galega e música pop (1950-2000).

O ensaio traza un percorrido polas conexións entre a literatura galega e a música popular —desde o rock ao bravú, pasando polo punk ou a música infantil— ao longo da segunda metade do século XX.

 

A obra ten a súa orixe na tese de doutoramento de Pombo, dirixida por Teresa López, coordinadora do grupo ILLA, e Xosé María Dobarro.

 

[Ligazón á nova]