Actualidade


Presentación de 'Soño dunha noite de verán'
22 de decembro de 2021
NORMAL

Esta publicación inaugura a nova xeira das coleccións da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor


NORMAL acolleu o pasado 22 de decembro a presentación de Soño dunha noite de verán de William Shakespeare, editado polo Servizo de Publicacións da UDC dentro da colección da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor. O acto, presidido pola Vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deporte, Cristina López Villar, contou coa presenza do responsábel da tradución, Miguel Pérez Romero, da directora do Servizo de Publicacións, Nieves Pena, e da directora da serie branca da citada colección, Teresa López.

O volume, unha edición bilingüe da célebre obra shakespeareana, presenta unha nova tradución, contextualizada e anotada, que ofrece ao público do século XXI un texto actualizado para continuar a gozar dunha das comedias máis vivas do legado do autor inglés.

Con esta publicación, a colección Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor, dedicada á literatura dramática e aos estudos teatrais, alcanza o seu número 73 e inaugura unha nova etapa cunha imaxe renovada.