Actualidade


‘No centenario do Cadro de Declamación da Universidade’
19 de abril 2022
Sala de graos da Facultade de Filoloxía

Mesa redonda con Laura Tato e Aurora Marco 


Por convite do grupo ILLA, as profesoras participaran nunha mesa redonda moderada por Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes, profesor na UDC e membro do grupo ILLA.  

Aurora Marco é doutora en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrática de Escola Universitaria de Didáctica da Lingua e Literatura Galega. Nos anos 80 comezou o seu traballo de investigación sobre a historia das mulleres na Galiza para recuperar a biografía de máis de 400 mulleres galegas. En 2011 recibiu o Premio Mestre Mateo ao mellor documental por 'As silenciadas' e, no ano 2021, gañou o Premio Follas Novas do Libro Galego na categoría de ensaio e investigación polo seu libro Irmandiñas

Laura Tato é Catedrática de Filoloxías Galega e Portuguesa na Universidade da Coruña e membro do grupo ILLA. É especialista na historia do teatro galego, sobre a que publicou, entre outras, Historia do teatro galego. Das orixes a 1936 (1999) e Teatro galego 1915-1936 (1997). O seu traballo mereceu múltiples recoñecementos: IV Premio de Investigación Lingüística e Literaria Ricardo Carvalho Calero por Teatro e Nacionalismo. Ferrol 1915-1936 (1995), o XVIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais por  Do teatro ao cinema. Obras dramáticas e guións de Ramón Otero Pedrayo (2014) e en 2021 o Premio de honra Roberto Vidal Bolaño polo conxunto da súa produción académica.