Actualidade


Encontro investigador 'Elas no prelo: mulleres no mundo da edición na Galiza'
29 de xuño de 2022
Centro de Investigación TIC (CITIC)

Carme Fernández Pérez-Sanjulián, membro de ILLA, coordina este encontro no marco do proxecto 'A edición literaria na Galiza (1975-2000)'.


O proxecto 'A edición literaria na Galiza (1975-2000)' (PID2020-119605RB-I00)' do que é investigadora principal a profª Fernández Pérez-Sanjulián, será presentado no encontro, que contará tamén coa participación de protagonistas destacadas da edición galega.

A xornada desenvolverase segundo o seguinte programa: 

10.30h - 11.30h Presentación do proxecto de investigación “A edición literaria na Galiza (1975-2000)” por Carme Fernández Pérez-Sanjulián (UDC)

11.30h - 13.30h Editar libros: tres experiencias en primeira persoa.

Pilar Sampil - Editorial Galaxia

Charo Portela - Ediciós do Castro

Belén López - Editorial Baía

13.30h - 15.00h Xantar

15.00h - 17.00h Sesión de traballo co equipo de investigación