Actualidade


150 anos da chegada de Rosalía á Coruña
23 de outubro de 2021
Circo de Artesáns

Pilar García Negro participa nas conmemoracións desta efeméride.


Pilar García Negro participará o próximo sábado 23 de outubro na celebración da xornada "Un día con Rosalía: 1871-2021 - Cento cincuenta anos da súa chegada á Coruña", que organiza a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda en colaboración co Concello da Coruña, a Casa de Rosalía, o Circo de Artesáns e a Asociación Cultural AIS.

A profesora honoraria e membro do Grupo ILLA falará sobre o feminismo en Rosalía de Castro, un dos temas sobre os que ten unha ampla produción teórica, ás 17:30h no Circo de Artesáns.