Actualidade
A profesora recolleu este recoñecemento na xornada inaugural da 37 Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.
O Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño instaurouse co obxectivo de recoñecer publicamente a figura de colectivos ou persoas notoriamente responsábeis do progreso e do bo labor nas artes escénicas galegas, o cal contribúe para os seus impulsores á modernización e a democratización social e cultural. A alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, e o subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso, foron as persoas encargadas de entregar o galardón a Laura Tato e Manuel F. Vieites.
O director da Mostra, Roberto Pascual, declaraba no xornal Faro de Vigo que "este galardón é un recoñecemento ao seu traballo de investigación e ao prestixio académico que lle deron ao teatro, porque as veces esquecémonos de que o teatro tamén leva implícito o estudo no ámbito académico e, aínda que os dous se xubilan este ano, deixan un legado enorme para que continuemos a profesionalización e a innovación das artes escénicas".