Actualidade


Éxito das I Xornadas de actualización en lingua galega e literatura
Abril 2023
Facultade de Filoloxía (UDC)

As xornadas, celebradas os días 13 e 14 de abril, foron organizadas por ILLA e coordinadas pola profª Cilha Lourenço e polo prof. Xoán López Viñas.


Alén do éxito de público (cunha boa representación de profesorado de ensino secundario e de EOI en activo, ben como de alumnado de mestrado), os/as participantes destacaran que as xornadas resultaran moi interesantes e proveitosas para o seu día a día nas aulas.

Nas Xornadas participaron como relatores Carlos Callón, Xoán López Viñas, Yolanda Castaño,  Xosé Ramón Freixeiro e Antia Cortiças.

O grupo ILLA pretende dar carácter anual a esta iniciativa para responder á demanda dos/das asistentes, que manifestaran a necesidade de continuar a revisar contidos, ferramentas, recursos etc. de utilidade para o ensino secundario.