Actualidade
A actividade está organizada polo proxecto 'Recuperación do patrimonio teatral de Galiza 4 (1936-1973). Emigración, exilio e resistencia interior' (PID2020-115649RB-I00), coordinado por Teresa López e Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes.
O Workshop desenvolverase en sesións de mañá e tarde, segundo o seguinte programa:
11:00 h_Presentación
11:15 h_A base de datos do teatro galego (1936-1973): deseño e implementación
Carlos-Caetano Biscainho Fernandes, UDC
12:00 h_A emigración como tema dramático en dúas obras inéditas da década de 60
Teresa López, UDC
12:45 h_Sobre o pensamento teatral de Luís Seoane
Micaela Rei Castro, IES Mugardos
13:15 h_O teatro inaudito e inédito de Borobó
Ana Acuña, UVigo
13:45 h_Ramón González Alegre: un teatro e dúas linguas
Olivia Rodríguez, UDC
16:15 h_Parias subalternas. Mulleres nas marxes da construción nacional no teatro de Xohana Torres
Ana Garrido, U Varsovia
17:00 h_Unha memoria oculta(da)? Notas arredor d´O dragón de Tomás Barros
Diego Rivadulla Costa, UDC
17:30 h_Fondos documentais da emigración galega en Bos Aires
Ruy Farías, U General Sanmartín/ Conicet
18:00 h Conclusións
A actividade está aberta ao persoal investigador e en formación interesado na materia, previa solicitude dirixida a t.lopez@udc.gal.