Actualidade


"Saberes en alianza: desafíos nos estudos literarios de xénero e das sexualidades"
29 de maio, 10.00h
Sala Carvalho Calero (Facultade de Filoloxía)

As profesoras Ánxela Lema París e Carme Fernández P-Sanjulián, membros de ILLA, son as coordinadoras deste workshop.


O xoves 29 de maio terá lugar, na Sala Carvalho Calero, o Workshop "Saberes en alianza: desafíos nos estudos literarios de xénero e das sexualidades", un encontro académico centrado na intersección entre xénero, sexualidade e literatura, en que se destacará o papel da literatura como ferramenta crítica para cuestionar os discursos normativos e como espazo de resistencia e transformación social.

 

PROGRAMA

 

10.00-10.30: PRESENTACIÓN

 

10.30-11.30: SESIÓN 1

  • María Alonso Alonso (USC): O transhumanismo e o corpo feminino como máquina reprodutiva na literatura galega actual.
  • Helena González (ADHUC-UB): Diferenzas, emocións, materialidades.

Modera: Carme Fernández Pérez-Sanjulián

 

11.30-12.00: CAFÉ

 

12.00-13.30: SESIÓN 2

  • Mario Regueira (USC): Historizacións disidentes. A construción crítica do pasado subalterno.
  • Carlos Callón (USC): Hermenéutica do íntimo: sexualidade, discurso e representación literaria.
  • Beatriz Suárez Briones (UVigo): A poesía lesbiana galega: pioneiras.

Modera: Ánxela Lema París

 

13.30-14.00: CONCLUSIÓNS E PECHE