Actualidade
O xornalista Manuel Xestoso recolle amplamente a publicación das 501 cantigas de amigo, no segundo tomo de Universo Cantigas
Ao longo do extenso artigo, e a partir da entrevista a Manuel Ferreiro, director do proxecto “Universo Cantigas”, o xornalista recolle as principais cuestións relativas ao xénero das cantigas de amigo, o traballo de edición crítica realizado no seo do proxecto e as características deste volume editado pola Universidade da Coruña, que recolle as 501 cantigas transmitidas polos cancioneiros.
A reportaxe acolle tamén, entre outras, cuestións tan importantes como o carácter nacional das cantigas de amigo, a transcendencia da recuperación deste patrimonio para os nosos tempos, alén de abordar a cuestión dunha –debatida– autoría feminina de, polo menos, parte destas composicións.

