Actualidade
Xosé Ramón Freixeiro Mato e Manuel Ferreiro, membros de ILLA, son os responsábeis do estudo e edición das 660 cartas que compoñen o epistolario de Manuel María con múltiplas persoas da cultura portuguesa (escritores, xornalistas, eruditos, tradutores, editores etc.).
O artigo de Nós recolle a publicación deste importante epistolario, que mostra a intensidade das relacións –literarias e amicais– que o poeta Manuel María estabeleceu, durante décadas, con escritores, xornalistas, eruditos ou editores de Portugal, tales como José Saramago, Miguel Torga, José Viale Moutinho, Francisco José Velozo ou Manuel Rodrigues Lapa, por citar só uns nombres especialmente relevantes no conxunto de máis de 70 correspondentes lusitanos. Ao tempo, esa eficaz rede literario-cultural que desvela o epistolario mostra tamén a necesidade da súa reactivación actual para a proxección da literatura galega e dos seus autores e autoras nos países lusófonos.

