Actualidade
Este evento académico terá lugar na Universitat Autònoma de Barcelona a 16 de outubro de 2026 e visa focar as relacións entre teatro e historia durante os séculos XX e XXI.
Na secuencia do Simposio "Confluències entre la història i la literatura", celebrado en 2023, e a Journèe d'étude "Théâtre et histoire dans la Péninsule Ibérique (XVIIIe-XXIe siècles), que tivo lugar en 2024, o Centre d'Estudis sobre Dictadures i Democràcies e o Centre de Recerca en Arts Escèniques da UAB, FEMMEM Investigació-creación e o Grup ReSO da Université Paul Valéry-Montpellier, en colaboración con varios departamentos da UAB, organizan este simposio que estará integrado por dúas palestras (unha sobre historia e memoria e outra sobre teatro e memoria), e cinco comunicacións para cada século (XX e XXI) en que se abordará a relación entre o teatro e a historia en cada unha das escenas peninsulares.
O investigador do Grupo ILLA será o responsábel da palestra sobre "Teatro galego & historia no século XXI".

