Actualidade


O Observatorio do Teatro Galego concede a Luís Iglesia o Premio Xosé Manuel Olveira "Pico" 2026
7 de setembro de 2026
Consello da Cultura Galega (Compostela)

O OTG nace dun convenio entre o Grupo ILLA e a Academia Galega de Teatro


Por ocasión do aniversario do nacemento do intérprete que dá nome ao premio, no pasado día 7 de setembro Luís Iglesia recibiu o Premio Xosé Manuel Olveira "Pico" 2026 do Observatorio do Teatro Galego, nun acto celebrado no Consello da Cultura Galega.

A distinción, que visa destacar un profesional da cena galega pola calidade do seu uso oral da lingua galega, foi entregue por representantes das dúas institucións asinantes do convenio a través do cal foi creado o Observatorio do Teatro Galego: Miguel Pernas, presidente da Academia Galega de Teatro, e Cristina Naya, vicerreitora de Divulgación, Cultura e Deporte da Universidade da Coruña.

(Fotografía de Sara Rey)