Actualidade
Esta actividade, organizada polo grupo ILLA, está aberta a todo o público interesado.
Co título 'De luces e sombras medievais: Galiza no tempo das cantigas', o historiador Miguel García Fernández, técnico superior de actividades técnicas e profesionais no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, ofreceranos unha aproximación aos principais trazos que definen a cultura e a sociedade galega na Baixa Idade Media.
Miguel García posúe un grao en Historia, especializado en Historia Medieval e Moderna (2011), un grao (2012) e un mestrado en Estudos Medievais Europeos (2012) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).
A súa principal área de investigación é a historia social das mulleres, particularmente en relación coa historia medieval de Galicia, mentres amplía os seus intereses para incluír a historia social do poder e o estudo do patrimonio documental de Galicia.

