Actualidade
Palestra de Alva Martínez Teixeiro na Universidade Federal de Minas Gerais
26 de outubro de 2026
Faculdade de Letras (Universidade Federal de Minas Gerais)
A profesora e membro de ILLA impartirá esta palestra no marco da estadía investigadora que está a realizar na institución brasileira.
A palestra, co título 'As 'maquinações' literárias e interartísticas brasileiras contemporâneas', é realizada a convite do Núcleo Escape – Grupo de Pesquisa sobre Poesia Experimental, Performance e Artes do Corpo da Universidade Federal de Minas Gerais.
A intervención da profesora Martínez Teixeiro é resultado das pesquisas realizadas ao abeiro do proxecto de excelencia "A condición inespecífica en prácticas interartísticas brasileiras de 1960 até o presente: estudo analítico e posíbel teorización" (ED431F 2026/028) financiado pola Xunta de Galicia.

