Actualidade


As Edicións do Dragón protagonizan a nova sesión do ciclo Aula aberta
16 de novembro de 2026, 20:00 h
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (rúa Santo André 36, 1º), A Coruña

A nova sesión analizará a relevancia deste selo editorial na traxectoria de Paco Souto.


En "Levar a poesía á rúa. As Edicións do Dragón na traxectoria de Paco Souto" Carla Varela, graduada en Galego e Portugués: estudos lingüísticos e literarios pola Universidade da Coruña, fará unha aproximación ás Edicións do Dragón e á súa influencia na traxectoria poética de Paco Souto, ao seu labor editorial, cultural e dinamizador no contexto da poesía galega da década de 90.