Publicacións
Consideracións sobre a decadencia e a rehabilitación da lingua galega. Homenaxe a Manuel García Blanco. Monografía 7 da Revista Galega de Filoloxía

Edición
Sanmartín Rei, GorettiLiñas de investigación
Sociolingüística e planificación da lingua galegaISBN
978-84-9749-527-1Editorial
Universidade da CoruñaData de publicación
2012Número de páxinas
222Descrición
Este volume de homenaxe a Manuel García Blanco ten un duplo obxectivo. Por unha parte, realizar un achegamento á figura e á obra do autor das Consideraciones sobre la decadencia y la rehabilitación de la lengua gallega e dar a coñecer un texto inxustamente esquecido. E, por outra parte, desenvolver unha serie de reinterpretacións dos contidos desta obra desde unha perspectiva actual, isto é, proporcionarmos unha serie de consideracións sobre a decadencia e a rehabilitación da lingua galega escritas no ano 2012 para seren transmitidas á sociedade galega no seu conxunto e aos sectores máis combativos na defensa das linguas dominadas en particular.