Publicacións


Estudos Galego-Brasileiros 3. Língua, Literatura, Identidade

Edición

Tato Fontaíña, Laura / Maleval, Mª do Amparo Tavares

Liñas de investigación

Estudos literario-culturais

ISBN

978-85-60559-08-4

Editorial

Instituto de Letras da UERJ

Data de publicación

2009

Número de páxinas

331

Descrición


Este terceiro volume da serie Estudos Galego-Brasileiros é o resultado da colaboración entre un grupo amplo de investigadores pertencentes á Universidade Estadual do Rio de Janeiro e á Universidade da Coruña, que se vén desenvolvendo desde o ano 2003 no marco dun proxecto de cooperación internacional. Nestas páxinas preséntanse varios estudos que utilizan, tanto no ámbito lingüístico como no literario, ou ben unha perspectiva comparatista e integradora ou ben un afondamento nos procesos de emerxencia e da construción da identidade. A maior parte deles foron obxecto de enriquecedores debates no marco do III Seminario Internacional de Estudos Galego-Brasileiros celebrado no Instituto de Letras da UERJ, en xuño de 2008.

Este número recolle os estudos de Manuel Ferreiro, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Francisco Salinas Portugal, Carme Fernández Pérez-Sanjulián, Teresa López, María Pilar García Negro, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Xosé Manuel Sánchez Rei, Laura Tato Fontaíña, Roberto Acízelo de Souza, Claudia Maria Amorim, Maria do Amparo Tavares Maleval, Carmem Lúcia Negreiros de Figueiredo, José Carlos de Azeredo e Iremar Maciel de Brito.